Clásicos do Circo do Sol

Posted by on 14 de Xuño de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Recursos

Clásicos do Circo do Sol

O venres, o “Cirque du Soleil”, presentounos unha homenaxe aos seus “Clásicos”. Por primeira vez, abriron so seus arquivos para ofrecernos tres dos primeiros espectáculos que se presentaron na Gran Carpa: Nouvelle Expérience, Saltimbanco e Cirque Réinventé. Colorido, emotivo e repleto deses elementos tradicionais do circo que tanto apreciamos! ❤   Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes o vídeo que se pode seguir na canle de Youtube do Cirque du Soleil....

Ler Máis

“Zed”, máis circo por favor!!

Posted by on 19 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Xeral

“Zed”, máis circo por favor!!

O Circo do Sol regresou o pasado 17 de abril cun novo show para todos os seus seguidores e facer máis levadeiro o confinamento pola crise sanitaria do coronavirus. Trátase dun programa dunha hora de duración que inclúe algúns dos números máis especiais de ‘ Zed’, un espectáculo creado en exclusiva para Xapón e inspirado no Tarot e os seus Arcanos. Un gran despregamento de luces, cores e sons dá vida a esta singular obra, que o Circo do Sol define como unha viaxe por dous universos opostos, o ceo e a terra, que viven en harmonía. É un mundo imaxinario polo que viaxa Zed, un...

Ler Máis

“Aves enjauladas” engaiólanos

Posted by on 18 de Abril de 2020 in Enredos, Lingua Castelá, Música, Portada, Valores, Xeral

“Aves enjauladas” engaiólanos

Rozalén compuxo ‘Aves Enjauladas’ co obxectivo de acompañar e axudar. A música está a xogar un papel moi relevante nestes tempos de quedar na casa, a súa compaña faise imprescindible; Rozalen achéganos a súa arte e, ao mesmo tempo, aporta o seu grao de area á causa das iniciativas solidarias, faino cunha canción, ‘Aves Enjauladas’, na que todos os beneficios recadados irán parar á ONG Entreculturas. ‘Aves Enjauladas’ naceu nas primeiras semanas deste confinamento e agora, co seu lanzamento, todo o recadado irá destinado a unha rede de pisos para mulleres e familias en risco de exclusión...

Ler Máis

Alegría, Kooza e KÀ

Posted by on 11 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Xeral

Alegría, Kooza e KÀ

O “Cirque du Soleil” convidounos onte, venres 10 de abril, ao seu terceiro especial, unha vía de escape do día a día a través da diversión e a alegría dos seus espectáculos. A todos os que nos gusta o mundo do circo deixáronnos abraiados con este programa no que puidemos desfrutar dalgúns dos mellores momentos dos espectáculos Alegria, KOOZA e  KÀ! Actualmente o Cirque du Soleil mantén 20 producións ao longo do todo o mundo, polo que esperamos algún novo especial para facernos, coa súa arte, máis levadeiras as próximas semanas de confinamento.❤ Para os que non tivestes a...

Ler Máis

#CirqueConnect

Posted by on 4 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Xeral

#CirqueConnect

Un novo especial do Circo do Sol. Que marabilla!! O venres,3 de abril, o “Cirque du Soleil”sorprendeunos cun novo programa especial #CirqueConnect. Nesta ocasión foi unha hora pertencente ao  seu espectáculo “AmaLuna” Amaluna é unha fusión das palabras ama, que se refire a “nai” en moitos idiomas, e lúa, un símbolo de femineidade que evoca a relación entre nai e filla, e a idea da deusa e protectora do planeta. Amaluna tamén é o nome da misteriosa illa onde se desenvolve a historia.! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes...

Ler Máis