Alegría, Kooza e KÀ

O

“Cirque du Soleil” convidounos onte, venres 10 de abril, ao seu terceiro especial, unha vía de escape do día a día a través da diversión e a alegría dos seus espectáculos. A todos os que nos gusta o mundo do circo deixáronnos abraiados con este programa no que puidemos desfrutar dalgúns dos mellores momentos dos espectáculos Alegria, KOOZA e  KÀ!

Actualmente o Cirque du Soleil mantén 20 producións ao longo do todo o mundo, polo que esperamos algún novo especial para facernos, coa súa arte, máis levadeiras as próximas semanas de confinamento.❤

Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes o vídeo que se pode seguir na canle de Youtube do Cirque du Soleil.

.