Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19

Posted by on 7 de Marzo de 2021 in Portada, Valores

Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19

As mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigma, estereotipos nin violencia; un futuro que sexa sostible, pacífico, con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas. A fin de lograr este obxectivo, o mundo necesita mulleres en todas as mesas nas que se tomen decisións. Este ano, o tema do Día Internacional da Muller (8 de marzo), “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de...

Ler Máis

Eu son libre

Posted by on 25 de Novembro de 2020 in Portada, Valores

Eu son libre

No día internacional da eliminación da violencia contra a muller queremos berrar con todas vós  “EU SON LIBRE”. “Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino” Rosalía de Castro   O vídeo é unha obra de rapazas e rapaces do IES de Melide

Ler Máis

Día Mundial do Medio Ambiente

Posted by on 5 de Xuño de 2020 in Ciencias da Natureza, Portada, Valores

Día Mundial do Medio Ambiente

Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta ‘especie’ merece ter os días contados. Os plásticos representan o 80% do lixo que hai nos océanos. Alén diso, todas as evidencias parecen indicar que existe unha relación entre a presenza de microplásticos nos océanos e moitos problemas de saúde. As algas, os peixes e moitas especies xa se están a ver afectadas. E o máis probable é que nós, os humanos, xa esteamos tamén a sufrir as...

Ler Máis

Summertime

Posted by on 23 de Maio de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Música, Portada, Valores

Summertime

Manuel agasállanos con esta fermosa peza musical. “Summertime” é unha composición de George Gershwin, concibida como aria para a ópera popular Porgy and Bess. Estrenouse en 1935 no Alvin Theatre de Nova York: A actriz Abbie Mitchell , cantou “Summertime” como unha canción de berce para o seu bebé. Dende entón máis de 30.000 versions desta marabillosa peza musical auparon a «Summertime» ata ou terceiro posto  na lista de jazzstandars. Dende hoxe xa hai 30.001. Graciñas Manuel por compartir con nós o teu talento e facernos espertar cun...

Ler Máis

A Fala… esa mai

Posted by on 12 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Portada, Recursos, Valores

A Fala… esa mai

Arrecende de amor pola lingua este poema de Paco Rivas co que, o autor da Mariña, agasállanos na semana das Letras 2020. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen, estouno facendo agora mesmo e fareino novamente un cento de veces máis, porque non cansarei de escoitalo. O profesor e escritor nado en Cervo, leva anos colaborando en programas de radio  onde fixo numerosas lecturas poéticas. Para sabermos máis do autor, Paco Rivas...

Ler Máis