Carta ás familias
B
envidos e benvidas a este novo espazo de aula!Dende a Xunta de Galicia ordénase a suspensión das clases presenciais e dende o centro acordouse que todas as aulas mantiveran un blogue como xeito de comunicación. Dende aquí iremos promovendo diariamente diferentes actividades e tarefas que deben realizar os nenos e nenas.
Lembrarvos que nós temos a “sorte” de estar afeitos ao traballo con tarefas en “Google Classroom” e “EVA”, polo que fundamentalmente seguiremos traballando deste xeito.
Este blogue creamolo para cubrir esta necesidade, pero será un proxecto a longo prazo e incorporarémolo ás dinámicas habituais de traballo. Será o espazo ao través do cal os vosos fillos e fillas, xunto co profesorado, abramos unha fiestra ao mundo.
Read MoreAgardamos que sexa de utilidade e vémonos pronto, todos sans, nas aulas.
Todo irá ben!
Google Classroom
O
EVA – Edixgal
A
participación no proxecto E-Dixgal fai posible que o profesorado e o alumnado do noso centros desenvolvan a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que nos permite acceder a contidos dixitais.EVA Abalar é un ámbito virtual de traballo accesible para profesorado, alumnado e famílias para o acceso, edición e organización dos recursos educativos dixitais.
Os docentes podemos elaborar a nosa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e o alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado.