Perseverance en Marte
Xuntos perseveramos: A misión Mars 2020 Perseverance da NASA fará a primeira retransmisión en español da axencia para unha aterraxe planetaria. O xoves 18 de febreiro, a NASA transmitirá “Xuntos perseveramos”, un programa que brindará aos espectadores unha vista detallada da misión a Marte e destacará o papel que os profesionais hispanos da NASA tiveron nela. O programa emitirase ás 8:30 p.m. e poderase seguir desde a páxina web da axencia e nas súas contas de redes sociais en español: Twitter, Facebook e Youtube. “Xuntos perseveramos” empezarase a emitir antes da aterraxe de...
Ler MáisDía Mundial do Medio Ambiente
Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta ‘especie’ merece ter os días contados. Os plásticos representan o 80% do lixo que hai nos océanos. Alén diso, todas as evidencias parecen indicar que existe unha relación entre a presenza de microplásticos nos océanos e moitos problemas de saúde. As algas, os peixes e moitas especies xa se están a ver afectadas. E o máis probable é que nós, os humanos, xa esteamos tamén a sufrir as...
Ler MáisAquelando na casa
Xoel e Roi dannos a coñecer un programa de ciencia en galego, Aquelando. Eles participaron presentando uns experimentos sobre volcáns no capítulo emitido o 25 de marzo. Xoel volve a cunha poción máxica no programa de onte, 31 de marzo. Haberá máis? Aquelando é un programa de televisión de divulgación científica orientado para público de todas as idades. O programa podédolo ver na TVG2 de luns a venres ás 11.50h. Recomendámolo. Cada capítulo vira en torno a un eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que nos levan a un gran experimento final...
Ler MáisCerebriti
Cerebriti é un portal de xogos sobre cultura xeral creados polos propios usuarios. Seguro que atopas ese xogo que buscas. Dá igual o específico ou estraño que sexa. En Cerebriti ademais, poderás competir cos teus amigos para demostrar quen é o que máis sabe. E todo iso mentres mantés as túas neuronas en forma. Cada un de vós ten un nome de usuario e un contrasinal. Abaixo podedes ver os nomes de usuario, pero necesitades o contrasinal. Mandaréivolo a cada un que o pida en un COMENTARIO DESTA TAREFA en Google Classroom...
Ler Máis