As pitas baixo a choiva

A

gradecidos quedamos á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra polo seu xeneroso xesto de compartir nestes tempos este proxecto.

aspitas.gal

Esta é a nota coa que fan entrega á sociedade dos materiais do seu porxecto para o seu uso educativo. Nós facemos acopio deles e abofé que lle imos sacar partido.

Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa Asociación se fan cada ano. Neste caso ían ser grandes e diferentes, pois o noso profesor e filólogo era, por fin, o homenaxeado neste ano 2020.

E así foi como naceu hai un ano a idea de “As Pitas Baixo a Choiva”. Para as escolas, as familias, para a sociedade. Após da súa exitosa estrea no Teatro Jofre o pasado 23 de febreiro, a publicación e difusión do paquete (CONTO, CD e UD) quedou no aire.

Porén cremos que as mestras e mestres, o alumnado, as familias, asociacións, a sociedade, deben poder aceder a todo o traballo feito. De acordo con Edicións Emboradecidimos compartir, de balde a través desta plataforma, o material audiovisual para que, se considerades, tiredes proveito á hora de realizar algunha que outra actividade sobre Ricardo Carvalho Calero.

Adiante pois, saúde e LINGUA.