“Baca”, coidando a lectura

K

uala Lumpur desenvolverá un ambicioso programa como Capital Mundial do Libro. O ano de celebracións comezará o 23 de abril de 2020, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

Kuala Lumpur, capital de Malasia, é coñecida como cidade de contrastes pola súa diversidade. A xente de Kuala Lumpur procede de diferentes orixes culturais e de moitas etnias. O obxectivo da cidade é fomentar unha cultura da lectura e a inclusión

Baixo o lema “ KL Baca (que significa ler e pronúnciase “ba-cha”) – coidar a través da lectura”, o programa céntrase en catro temas: a lectura en todas as súas formas, o desenvolvemento da infraestrutura da industria do libro, a inclusión e a accesibilidade dixital e o empoderamento dos nenos a través da lectura.

“Unha cidade que le é unha cidade que se preocupa”. os libros empoderan a nosa alma e fannos mellores seres humanos. Unha sociedade solidaria mantén a harmonía e protexe o medio ambiente para as xeracións futuras.

Para saber máis O día do libro en Galicia