EduCovídeo

N

ino Cervera é profesor no Colexio Decroly de Tenerife. Este  vídeo forma parte desas mensaxes virais tan frecuentes ultimamente, pero neste caso, creo que paga a pena achegarnos a esta reflexión sobre a realidade escolar á que el titula: “Palabras para un cambio educativo real”. A súa esencia lémbranos á Nova Escola de Ovide Decroly: “Unha escola pola vida e para a vida”

Ovide Decroly: Médico, psicólogo y pedagogo belga, quen desenvolveu e creou un novo método pedagóxico baseado na observación dos nenos e na súa aprendizaxe. Baixo o lema de “Escola pola vida e para a vida”. Decroly avogaba por unha educación centrada nas necesidades e intereses do neno, xa que entendía que unicamente estes poderían manter a súa atención e motivación no proceso de aprendizaxe. Segundo Decroly, a contorna e o ambiente no que se desenvolve a aprendizaxe ten que ser estimulante e facilitar a observación, o descubrimento e a liberdade. Un centro de interese engloba tanto o respecto ás aspiracións propias do neno como as presións da formación intelectual. Para poder desenvolver os centros de interese, Decroly desenvolveu tres tipos de exercicios: Observación: o alumno establece o contacto directo cos obxectos e situacións. Asociación: o alumno relaciona no espazo, o tempo, nas súas reaccións, na relación causa-efecto, etc. Expresión: o alumno exercita lectura, cálculo, escritura, debuxo, traballo manual, …