Quedamos na casa!

B

envidos e benvidas a este novo espazo de aula!

Dende a Xunta de Galicia ordénase a suspensión das clases presenciais e dende o centro acordouse que todas as aulas mantiveran un blogue como xeito de comunicación. Dende aquí iremos promovendo diariamente diferentes actividades e tarefas que deben realizar os nenos e nenas.

Lembrarvos que nos temos a “sorte” de estar afeitos ao traballo con tarefas en “Google Classroom” e “EVA”, polo que fundamentalmente seguiremos traballando deste xeito.

Este blogue creamolo para cubrir esta necesidade, pero será un proxecto a longo prazo e incorporarémolo ás dinámicas habituais de traballo. Será o espazo ao través do cal os vosos fillos e fillas, xunto co profesorado, abramos unha fiestra ao mundo.

Agardamos que sexa de utilidade e vémonos pronto, todos sans, nas aulas.

Todo irá ben!