L
er para ver claro e, ás veces, cambiar a dirección da miradaLer permítenos ver, mirar, descubrir, aprender, acariñar, ir, soñar, crer.
Por un instante o mundo da fantasía faise realidade no noso maxín, que se libera e debuxa unha e mil imaxes, únicas, nosas, irrepetibles, inesquecibles.
Fiestras polas que mirar e ler o mundo: o noso e os outros
Nun intre podemos atoparnos noutro mundo, máis aló das estrelas, sermos outra persoa ou un animal da selva, podemos navegar por mares descoñecidos ou xogar nun parque xelado. Vivir outra vida, noutra dimensión, noutro lugar, noutro tempo.
Un libro é unha xanela aberta á imaxinación
Os libros fannos emocionar, rir, chorar, pensar. Ábrennos a mente, son a xanela para descubrir culturas e saberes, empatizar cos personaxes e os seus sentimentos, sensibilizármonos cos seus sufrimentos, disfrutar de mil e unha historias.
Cando se abra unha xanela haberá consuelo dicía Cavafis
Gustamos da literatura que abre fiestras pero non esquecemos as fiestras na literatura. Inesquecible é aquel pequeno ollo de boi no Nautilus de Nemo, inesquecible tamén a pétrea fiestra con balcón de Xulieta.
Pechadas, abertas, entreabertas… A luz que asoma a través das fiestras das nosas lecturas inunda e perturba a nosa vida, as veces, un tanto sombría; outras, sorpréndenos agardando a Romeo.
E a ti,… que fiestra literaria te resulta inesquecible?.