Ler fainos únicos

C

ada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós.


Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós.

Texto de Manuel Gago e fotografía de Harold Iglesias · Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor/2020.

Díptico