A
s mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigma, estereotipos nin violencia; un futuro que sexa sostible, pacífico, con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas.A fin de lograr este obxectivo, o mundo necesita mulleres en todas as mesas nas que se tomen decisións.
Este ano, o tema do Día Internacional da Muller (8 de marzo), “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten.
Para sabermos máisImaxinas un mundo no que todas as persoas gocen dos mesmos dereitos e oportunidades, no que as mulleres e as nenas non teman camiñar ata a súa casa pola noite, e no que os homes e nenos non se vexan atrapados en masculinidades opresivas.
Nese mundo, a igualdade de xénero sería o normal. Mulleres e homes recibirían idéntico salario por un traballo de igual valor e compartirían as tarefas de coidados no fogar.
Imaxina que a igualdade tamén chegase ás e aos líderes políticos, ás aulas, aos órganos de decisión das empresas e ás fábricas.
As mulleres e as nenas participarían en pé de igualdade nas decisións que afectan á súa vida, ao seu corpo, ás políticas e á contorna na que viven, desde as aldeas ata as cidades.
Fagámolo realidade!