Ok, entón o teu próximo libro é?

U

n ano máis as rúas vístense de rosas par celebrar o día internacional do libro.

Cada ano a UNESCO e as tres organizacións profesionais internacionais do mundo do libro (a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias) elixen unha capital mundial do libro cuxo mandato empeza cada 23 de abril.

A Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, nomeou a Tiflis (Xeorxia) Capital Mundial do Libro para o ano 2021, seguindo a recomendación do comité consultivo da Capital Mundial do Libro, que se reuniu en Suíza en xuño de 2019.

O programa proposto por Tiflis, cuxo lema é ” Ok, entón o teu próximo libro é…?” céntrase no uso de tecnoloxías modernas como ferramentas poderosas para promover a lectura entre a mocidade.

·

Como en anos anteriores para celebra este día Bibliotecas Escolares de Galicia buscou a cola oración dunha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

“Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas.”

Para rematar … atréveste con esta Sopa de Letras?