Ricardo Carvalho Calero · Letras 2020

N

on permitamos que o virus do esquecemento se apropie da, tan merecida e agardada, homenaxe a Don Ricardo Carvalho Calero.

Esta semana adicaremos esforzos a coñecer e recoñecer o seu facer pola lingua, a cultura e a nación galega.

aspitas.gal

Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Na época universitaria en Santiago entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi un dos fundadores, na asemblea de Pontevedra de 1931,do Partido Galeguista e xunto con Luís Tobío elaborou o Anteproxecto de
Estatuto de Autonomía para Galiza.

O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional

“O grande trauma da guerra diría esnaquizóu moitos arquivos. O da miña memoria foi alarmantemente saqueado”. No cárcere podía escribir, mais a censura non permitía outra lingua que o español

.

Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país.

Membro da Real Academia Galega desde 1958; Xa de volta a Santiago, por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. O seu apoio ás teses reintegracionistas custaríalle ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Faleceu en Compostela no ano 1990.

Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990…), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas