Xogos tradicionais para entreterse no confinamento

A

nte as horas de corentena, a rede Patrimonio Lúdico Galego está a facer unha escolma de xogos tradicionais que se poden practicar facilmente no interior doméstico, facendo honra á capacidade de adaptación ao medio que os caracteriza.
Achegamos algunhas alternativas para que as crianzas pasen estes días, propostas elaboradas con materiais reciclados ou do cotián, que contribúen a fomentar a creatividade, crear comunidade e, especialmente nestas semanas, mellorar as relacións familiares.