100 palabra para namorase da nosa fala
O noso tesouro segue medrando. A actividade diaria da palabra secreta chegou onte, 16 de marzo de 2021, ao número 100. ·:· As palabras son o tesouro da nosa lingua.·:· Unha lingua de namorar e para namorarse!!. O léxico da nosa lingua que non se asemella ao vocabulario castelán vai esmorecendo e tende a desaparecer. Con esta actividade pretendemos incorporar unha palabra cada día ao noso vocabulario activo. Nesta ocasión achegamos os recopilatorios coas 100 palabras xa traballadas. Espero que pasedes un bo ratiño!! A palabra secreta...
Ler MáisMulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19
As mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigma, estereotipos nin violencia; un futuro que sexa sostible, pacífico, con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas. A fin de lograr este obxectivo, o mundo necesita mulleres en todas as mesas nas que se tomen decisións. Este ano, o tema do Día Internacional da Muller (8 de marzo), “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de...
Ler Máis