Irreductibles con Asterix

N

a aldea de Astérix, como en todas partes,a consígna é clara: quedádevos na casa para vencer ao virus e protexer aos máis vulnerables! Pero nada impide que os nosos galos favoritos, decididamente irredutibles #ante a tristeza, se divirtan e nos divirtan.

Por este motivo, os nosos druídas preparáronvos unha revista inédita co fin de animar os vosos días: Irredutibles con Astérix. Os seus contidos: actividades, xogos e cómics de Astérix para toda a familia!

Sen posibilidade de poder quedar cos seus amigos de todo o Mundo Coñecido, que tamén están confinados nas súas respectivas aldeas, Astérix intercambia con eles mensaxes de amizade por medio de pombas mensaxeiras. Nas páxinas desta revista descubriredes a mensaxe de Falbalá a Obélix e teredes noticias de Pepe, o pequeno ibero, de Numerobis, o exipcio, ou mesmo de Buentórax, o bretón, e Guardiasuix, de Helvecia, que vos mostrarán que o confinamento, xa sexa na Torre de Londinium ou na caixa forte dun banco, tamén pode ser unha boa oportunidade
para seguir volvendo tolos aos romanos!

Así pois, facede como Astérix: quedádevos na casa, mantede o contacto cos vosos familiares e contade con Astérix e Obélix para darlles unha malleira aos virus!

Irreductibles con Asterix – 1 Irreductibles con Asterix – 2 Web de Asterix

 

 

.