Antídoto antivampírico
Achégase a noite dos mortos viventes. Unha noite máxica na que nos invaden criaturas terroríficas. Temos armas para combater a todos eles, excepto aos vampiros. A única forma de estar a salvo deles é conseguir o “Antídoto Antivampírico”, para que o noso sangue non sexa unha tentación para eles. Conseguirás a beberaxe a tempo? Preme aquí se queres ver as SOLUCIÓNS O noso agradecemento a por esta divertida proposta a: @lanubedeprimaria, @entrepatioyclase, @lamademoiselledufle, @diariodeunaprofe, @bichiteacher, @sintizasyconrisas,...
Ler MáisClásicos do Circo do Sol
O venres, o “Cirque du Soleil”, presentounos unha homenaxe aos seus “Clásicos”. Por primeira vez, abriron so seus arquivos para ofrecernos tres dos primeiros espectáculos que se presentaron na Gran Carpa: Nouvelle Expérience, Saltimbanco e Cirque Réinventé. Colorido, emotivo e repleto deses elementos tradicionais do circo que tanto apreciamos! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes o vídeo que se pode seguir na canle de Youtube do Cirque du Soleil....
Ler MáisRecomendacións lectoras para o verán
Bulebule non se esquece de que a vós vos gusta seguir lendo no verán. Así que aquí vos deixa algunha recomendación para que poidades seguir gozando da lectura no tempo de lecer. Bulebule recomenda…
Ler MáisIrreductibles con Asterix 2
Astérix e o resto dos habitantes da aldea só teñen unha palabra que dicirvos: GRAZAS!!! Aquí están de regreso, con novas actividades, xogos e cómics de Astérix para toda a familia. Nesta ocasión, Astérix e os seus amigos propóñenvos descubrir unha selección de especialidades galas: o estofado arverno, o viño de Durocortorum ( Reims), o queixo corso, a bullabesa (e a petanca!) de Massilia (Marsella)… Todo iso aderezado con gags cento por cento irredutibles que segundo os nosos galos farán suar aos lexionarios romanos, por Tutatis! Irreductibles con Asterix – 1 Irreductibles con Asterix...
Ler MáisRecursos con moita LIX para ficar na casa
GÁLIX achéganos este padlet cunha selección dinámica de iniciativas de diversos colectivos para axudarnos a pasar a corentena con crianzas. GÁLIX é a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, unha asociación sen ánimo de lucro que se move por visibilizar e promover a cultura e a lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil. É a sección galega da OEPLI, a Organización Española para o Libro Infantil Y Juvenil; sección española do IBBY, International Board on Books for Young People...
Ler Máis