A guerra dos botóns

D

espois de ver a película debes completar a ficha co cuestionario que atoparás na tarefa correspondente na aula de valores de Google Classroom. Se é necesario podes consultar a documentación que se adxunta á tarefa e mesmo volver ver algunha escena da película. Se non entendes o significado dalgunha palabra (por exemplo “fraternidade”), consúltao no dicionario.

A PELÍCULA

O enfrontamento entre dúas cuadrillas de pobos veciños, a dos mozos de Velrans e a dos de Longeverne, discorre entre pedradas, patadas, descalabraduras e croques, e o intercambio e todo tipo de improperios por ambos os bandos. Pero baixo esta anécdota infantil, aparentemente trivial, subxace a eterna rivalidade que enfronta o mundo do adulto co do neno («E pensar que chegaremos a ser tan parvos como eles»), e o dos adultos entre si; esa rivalidade que ocasiona as contendas entre os pobos, pois, en definitiva, a guerra dos botóns é unha guerra inmemorial herdada dos antepasados.

Ficha técnica

A guerra dos botóns (La nouvelle guerre des boutons)
Dirección: Christophe Barratier
Intérpretación: Guillaume Canet, Laetitia Casta, Gérard Jugnot, Kad Merad, Jean Texier, François Morel, Marie Bunel, Thomas Goldberg
País: Francia
Año: 2011
Xénero: Aventuras.
Duración: 100 min.