Aquelando na casa

X

oel e Roi dannos a coñecer un programa de ciencia en galego, Aquelando. Eles participaron presentando uns experimentos sobre volcáns no capítulo emitido o 25 de marzo. Xoel volve a cunha poción máxica no programa de onte, 31 de marzo. Haberá máis?

Aquelando é un programa de televisión de divulgación científica orientado para público de todas as idades. O programa podédolo ver na TVG2 de luns a venres ás 11.50h. Recomendámolo.

Cada capítulo vira en torno a un eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que nos levan a un gran experimento final que serve de pechadura científica do programa.

En todos os capítulos encontrás experimentos para facer en casa (sección Maker), descubrirás mitos da historia da Ciencia e poderás facer ciencia con maiúsculas colaborando coas propostas de Ciencia Cidadá.

Imos aló