bulebule coa poesía

C

on ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz» co fin de incentivar a lectura do xénero poético entre a rapazada, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Nós sumámonos ao proxecto da nosa biblioteca Bulebule. Nestes tempos en que nos tocou “quedar na casa”, pareceunos boa idea manter a iniciativa e crear este espazo no que compartir as aportacións dos nenos e nenas. Un espazo para a lectura, a creatividade, a esperanza e a poesía en tempos de pandemia.

Coa poesía enredo eu  Plantilla para o poema