Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)

A

publicación, aberta e gratuíta para calquera familia nesta ligazón, persegue atopar unha fórmula para explicar aos pequenos a crise sanitaria
A historia foi escrita pola xornalista segoviana María Coco con ilustracións da rioxana Sara Ramírez baixo a coordinación da tamén xornalista salmantina María R. Coco
Como explicar aos máis pequenos a situación que estamos a vivir? Como poñer en palabras sinxelas un momento tan complexo? Esta foi a pregunta que se fixo a xornalista segoviana María Coco o pasado venres, 13 de marzo, cando se anunciou a declaración do estado de alarma.

En casa, xunto aos seus dous fillos e os seus centos de preguntas, comezou a escribir unha historia para tentar explicar o que, mesmo para os adultos, é incomprensible.

Coronavirus non é o nome dun príncipe (nin dunha princesa) métenos de cheo na cabeza dun neno ou dunha nena de aproximadamente sete anos, que conta como está a vivir estes días en casa e os síntomas que ten, fala das súas novas rutinas, de novos hábitos de limpeza e mesmo de novos retos con premio: lavarse as mans continuamente mentres canta a súa canción favorita. A través da súa imaxinación cóntanos que sente cando aplaude pola xanela ou como se imaxina no seu castelo, tamén sen cole, a Coronavirus, ese novo ser que chegou á nosa vida e do que tanto falan os maiores.