Día internacional da poesía

O

Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e darlle ás linguas ameazadas a oportunidade de ser un vehículo de comunicación artística nas súas respectivas comunidades.

Ademais, busca promover o ensino da poesía, promover a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar aos pequenos editores, crear unha atractiva imaxe da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma de arte desactualizada, senón un xeito de expresión e de restablecer o diálogo entre a poesía e as outras expresións artísticas, como teatro, danza, música e pintura.

imos aló