G
alicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso.Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.
Desta nosa veciñanza, herdeira das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos as súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros.
Para saber quen e como son só tedes que buscalos nesta enciclopedia; escribide o seu nome ou o do lugar onde sospeitades que se atopan e …!
Imos aló