Para saber máis do Parlamento galego.

L

ibro, ou mellor, libriño divertido para saber máis do Parlamento galego do que se sabía antes de lelo.

Libro divertido para os nenos e nenas (e tamén para os que xa non o son tanto) que veñen de excursión
visitar o Parlamento de Galicia e que nunca estiveron nel nin en ningún outro Parlamento e que, polo tanto, se cadra, non saben que é o que fan as señoras e os señores deputados, aínda que o que fan debe ser moi importante porque saen acotío na televisión e na radio e nos periódicos; e mais para as nenas e nenos (que, se cadra, son os mesmos) que quedan un chisco impresionados ó veren un edificio tan grande, meirande que o da súa escola ou o do instituto no que estudan, e que ten tantos corredores, e tantas ofi cinas, e tantos papeis e tantas cousas que, por forza, debe traballarse arreo nel; e tamén para os nenos e nenas (que, por certo, non teñen por que ser distintos de todos os previamente mencionados) que tampouco saben como se aproban as leis de Galicia, nin quen vixía polo que fai o Goberno galego (que se chama Xunta de Galicia), nin quen fai outra morea de cousas máis, que a ver quen llas explica a toda a rapazada, porque, xa se sabe, os rapaces teñen máis interese polo que lles toca de preto que polo que semella tocarlles moi de lonxe, aínda que este libro explicará que o que fai o Parlamento é moi importante para todos e, xa que logo, poderiamos dicir que este libro debera chamarse en realidade…