Para lermos en galego no día do libro infantil e xuvenil

F

eliz, Feroz. Vaia tropa! e Fred Quincalla forman parte da iniciativa da Editorial Xerais para facilitar algunhas lecturas en galego que abran portas nestes días complicados, A nós só nos queda facilitarvos o acceso a tres deles a través do carrusel de imaxes que tedes abaixo.

Toca disfrutar lendo en galego!!   E Para iso temos moitas outras ofertas nestes tempos de #quedonacasa. Aquí tedes enlaces a algunhas delas.

Xerais Baía Galicia le

Feliz, feroz é un encantador libro para primeiros lectores/as do Hematocrítico; Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas; Finalmente Vaia tropa! un divertidísimo e orixinal libro de poemas do noso bequerido amigo Antón Cortizas.