O
Portal das Palabras ten unha navegación dobre. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e, navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados.O Portal contén, tamén, un potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Unha versión similar desta ferramenta pode ser descargada para utilizar en móbiles ou tabletas con sistemas operativos iOS e Android.
Contidos e actualización
O Seminario de Lexicografía da RAG é o responsable de que cada semana se publiquen novos contidos, ben sexan xogos, vídeos, curiosidades léxicas, recursos ou novas. Todos os días propoñerase unha nova palabra da que recibiremos información sobre o seu significado, etimoloxía e outras referencias…
Imos aló