Q
ue difícil é afacernos a ver as rúas desertas estes días!!!Imos aproveitar a situación como inspiración para o noso novo RETO LITERARIO:
Título (podédelo cambiar): “Soños ateigados de rúas desertas”
O noso relato comeza así:
Título (podédelo cambiar): “Soños ateigados de rúas desertas”
O noso relato comeza así:
A herba crecía nas rúas desertas.
os ventos xemeron ao cruzaren as desertas prazas.
o día vai comezar …
Pasos para elaborar o noso conto ou poema (TI DECIDES):
- Primeiro esquece o “coronavirus”, non pode formar parte do relato.
- Pensa no que te suxire o comezo da historia que te propomos.
- Procura ser creativo/a e buscar as palabras axeitadas en cada frase, en cada verso,…
- Deixa voar o vento da túa imaxinación polas rúas ateigadas dos teus soños e e colle o lapis […]
- […] Ponte a escribir.
Finalmente lembrarvos que debedes entregar esta historia tanto por Classroom como na libreta, onde a escribiredes despois de pasarlle o corrector ortográfico. Acompaña a historia dun debuxo
(A súa extensión nesta ocasión é libre)