TypingCLUB
A mecanografía é a capacidade de escribir cos dez dedos sen mirar ao teclado, este é, sen lugar a dúbidas, o xeito máis efectivo de utilizar un teclado. Con TypingClub, podes aprender a escribir ao tacto de forma divertida. Pola nosa parte, creamos unha aula personalizada: “ENREDANDO COAS TECLAS”. Para acceder a ela só tes que poñer o teu nome de usuario, sen contrasinal. O primeiro que verás son varios programas de aprendizaxe: “Volar en solitario”, “Eva y el conejo”, … Podes xogar con eles e practicar todo o que queiras. Nós, desde G-classroom,...
Ler MáisTeBeOs para unha pandemia
A solidariedade do mundo da cultura coa sociedade é un dos signos característicos destes tempos nos que estamos. Os autores de cómic non se fixeron esperar, e son xa varios os que ofrecen, gratuitamente, publicacións en formato electrónico para axudar a soportar este confinamento . A Asociación cultural Tebeosfera mantén na súa páxina web unha lista actualizada das iniciativas que no mundo da banda deseñada van aparecendo con motivo da crise mundial do coronavirus. Esperamos que atopedes algo que vos guste. Imos...
Ler MáisArte en papel
Oorigami é a arte de dobrar o papel, é unha arte milenaria de orixe xaponesa que sen utilizar elementos externos como poden ser as tesoiras ou o pegamento, consegue obter case calquera tipo de figura de papel. Nesta páxina atoparás moitos animais de papel moi fáciles de facer. Están explicados paso a paso en vídeo, para que poidas seguir todas as instrucións dunha forma sinxela. Anímaste a facelos todos? Imos aló...
Ler Máis