“Un cabelo de anjo” · Carvalho Calero

Posted by on 12 de Maio de 2020 in Lingua Galega, Portada

“Un cabelo de anjo” · Carvalho Calero

Recitado por Diego Rodríguez Guerreiro . Un poema na túa voz . Un cabelo de anjo pendurado do ceo, se non é a espada de Democles é adival para o espírito, ximio equilibrista, que, nel agareado, pode arrandear sobre a terra e crer que é a araña dun fío tirado do seu propio miolo, cordón umbilical que o vencella o seu niño que está no azul. Mais non sabemos qué é o norte, qué é o sul, o cenit e o nadir, a vida e a morte, a terra e o ceo, cál é o metro que leva ao paraíso e qué aeronave nos conduz ao...

Ler Máis

Bulebule coa lingua

Posted by on 12 de Maio de 2020 in Lingua Galega, Portada, Recursos

Bulebule coa lingua

Patricia, a nosa bibliotecaria é un “bulebule” e non para de facernos propostas desde a biblioteca do Cole. Nesta ocasión preparounos un Glog con numerosas propostas e contidos para celebramos esta semana das letras e lembrar a Ricardo Carvalho Calero. Datos, vídeos, retos, xogos, unha morea de cousas coas que homenaxear ao autor de “As pitas baixo a choiva”. ::.. A nosa biblioteca · Bulebule pola biblio ..::  ...

Ler Máis

A Fala… esa mai

Posted by on 12 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Portada, Recursos, Valores

A Fala… esa mai

Arrecende de amor pola lingua este poema de Paco Rivas co que, o autor da Mariña, agasállanos na semana das Letras 2020. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen, estouno facendo agora mesmo e fareino novamente un cento de veces máis, porque non cansarei de escoitalo. O profesor e escritor nado en Cervo, leva anos colaborando en programas de radio  onde fixo numerosas lecturas poéticas. Para sabermos máis do autor, Paco Rivas...

Ler Máis