Para saber máis do Parlamento galego.

Posted by on 20 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Ciencias Sociais, Portada, Recursos, Xeral

Para saber máis do Parlamento galego.

Libro, ou mellor, libriño divertido para saber máis do Parlamento galego do que se sabía antes de lelo. Libro divertido para os nenos e nenas (e tamén para os que xa non o son tanto) que veñen de excursión visitar o Parlamento de Galicia e que nunca estiveron nel nin en ningún outro Parlamento e que, polo tanto, se cadra, non saben que é o que fan as señoras e os señores deputados, aínda que o que fan debe ser moi importante porque saen acotío na televisión e na radio e nos periódicos; e mais para as nenas e nenos (que, se cadra, son os mesmos) que quedan un chisco impresionados ó veren un...

Ler Máis

Cerebriti

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Enredos, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Portada, Recursos, Valores, Xeral

Cerebriti

Cerebriti é un portal de xogos sobre cultura xeral creados polos propios usuarios. Seguro que atopas ese xogo que buscas. Dá igual o específico ou estraño que sexa. En Cerebriti ademais, poderás competir cos teus amigos para demostrar quen é o que máis sabe. E todo iso mentres mantés as túas neuronas en forma. Cada un de vós ten un nome de usuario e un contrasinal. Abaixo podedes ver os nomes de usuario, pero necesitades o contrasinal. Mandaréivolo a cada un que o pida en un COMENTARIO DESTA TAREFA en Google Classroom...

Ler Máis

Icía quere cambiar o mundo

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Ciencias Sociais, Lingua Galega, Portada

Icía quere cambiar o mundo

Lembrades a visita ao parlamento? Agasalláronnos con este libro. Agora que estamos estudando a organización territorial de España, ímolo ler. O libro é un achegamento á vida e actividade parlamentaria, a través dos ollos duns nenos que comenzan a descubrir a democracia e o seu funcionamiento. Espero que vos guste. Podes obter unha copia en PDF na biblioteca de publicacións electrónicas do Parlamento de Galicia. Autora: Fina Casalderrey Ilustracións: Carmen...

Ler Máis