Cerebriti

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Enredos, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Portada, Recursos, Valores, Xeral

Cerebriti

Cerebriti é un portal de xogos sobre cultura xeral creados polos propios usuarios. Seguro que atopas ese xogo que buscas. Dá igual o específico ou estraño que sexa. En Cerebriti ademais, poderás competir cos teus amigos para demostrar quen é o que máis sabe. E todo iso mentres mantés as túas neuronas en forma. Cada un de vós ten un nome de usuario e un contrasinal. Abaixo podedes ver os nomes de usuario, pero necesitades o contrasinal. Mandaréivolo a cada un que o pida en un COMENTARIO DESTA TAREFA en Google Classroom...

Ler Máis

Quedamos na casa!

Posted by on 13 de Marzo de 2020 in Portada, Valores, Xeral

Quedamos na casa!

Benvidos e benvidas a este novo espazo de aula! Dende a Xunta de Galicia ordénase a suspensión das clases presenciais e dende o centro acordouse que todas as aulas mantiveran un blogue como xeito de comunicación. Dende aquí iremos promovendo diariamente diferentes actividades e tarefas que deben realizar os nenos e nenas. Lembrarvos que nos temos a “sorte” de estar afeitos ao traballo con tarefas en “Google Classroom” e “EVA”, polo que fundamentalmente seguiremos traballando deste xeito. Este blogue creamolo para cubrir esta necesidade, pero será un...

Ler Máis