Irreductibles con Asterix 2

Posted by on 30 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Castelá, Portada, Recursos

Irreductibles con Asterix 2

Astérix e o resto dos habitantes da aldea só teñen unha palabra que dicirvos: GRAZAS!!! Aquí están de regreso, con novas actividades, xogos e cómics de Astérix para toda a familia. Nesta ocasión, Astérix e os seus amigos propóñenvos descubrir unha selección de especialidades galas: o estofado arverno, o viño de Durocortorum ( Reims), o queixo corso, a bullabesa (e a petanca!) de Massilia (Marsella)… Todo iso aderezado con gags cento por cento irredutibles que segundo os nosos galos farán suar aos lexionarios romanos, por Tutatis! Irreductibles con Asterix – 1 Irreductibles con Asterix...

Ler Máis

Summertime

Posted by on 23 de Maio de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Música, Portada, Valores

Summertime

Manuel agasállanos con esta fermosa peza musical. “Summertime” é unha composición de George Gershwin, concibida como aria para a ópera popular Porgy and Bess. Estrenouse en 1935 no Alvin Theatre de Nova York: A actriz Abbie Mitchell , cantou “Summertime” como unha canción de berce para o seu bebé. Dende entón máis de 30.000 versions desta marabillosa peza musical auparon a «Summertime» ata ou terceiro posto  na lista de jazzstandars. Dende hoxe xa hai 30.001. Graciñas Manuel por compartir con nós o teu talento e facernos espertar cun...

Ler Máis

Enrolados no barco dos contos

Posted by on 20 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Portada, Recursos

Enrolados no barco dos contos

As lecturas e narracións que nos gustan nunca nos deixan indiferentes e, cando nos emocionan e fan gozar, é porque para nós ler é soñar, imaxinar, coñecer, descubrir, reflexionar, repensar, aprender,… Os humanos non somos problemas ou emocións, senón historias; parecémonos menos ás contas que aos contos. [F. Savater] Enrólate nesta viaxe por un mar cheiño de contos .: Escucha “Enrolados” en Spreaker.

Ler Máis

A palabra secreta

Posted by on 17 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Portada

A palabra secreta

As palabras son o tesouro da nosa lingua. O léxico da nosa lingua que non se asemella ao vocabulario castelán vai esmorecendo e tende a desaparecer. Con esta actividade pretendemos incorporar unha palabra cada día ao noso vocabulario activo. E o primeiro paso é descubrila. . Comezamos?  

Ler Máis

Un millón de primaveras

Posted by on 17 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Portada

Un millón de primaveras

No día das Letras Galegas 2020 non podería faltar un novo xogo co que rematar esta semana de actividades. Nesta ocasión traemos un xogo de preguntas sobre o autor homenaxeado e a data de celebración das nosas letras Preguntas que non só cuestionan os nosos coñecementos, tamén nos fan reflexionar sobre a grandeza da nosa lingua, da nosa literatura, da nosa cultura e do noso país. Comezamos?  

Ler Máis