Xogando coas caricaturas de Carvalho Calero

Posted by on 15 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Plástica, Portada

Xogando coas caricaturas de Carvalho Calero

Siro elaborou unha serie de caricaturas de Carvalho Calero. Nós eleximos algunhas delas para facer este xogo de parellas. Esperamos que vos guste. A colección conta con 24 deseños de estilos diferentes -desde a caricatura con esaxeracións mínimas para salientar a expresión do retratado ata a de esaxeracións máximas, nun xogo artístico e humorístico cos riscos faciais- que percorren a evolución de don Ricardo desde a mocidade ata a madureza. Queres ver a colección...

Ler Máis

A Fala… esa mai

Posted by on 12 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Portada, Recursos, Valores

A Fala… esa mai

Arrecende de amor pola lingua este poema de Paco Rivas co que, o autor da Mariña, agasállanos na semana das Letras 2020. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen, estouno facendo agora mesmo e fareino novamente un cento de veces máis, porque non cansarei de escoitalo. O profesor e escritor nado en Cervo, leva anos colaborando en programas de radio  onde fixo numerosas lecturas poéticas. Para sabermos máis do autor, Paco Rivas...

Ler Máis

As pitas baixo a choiva

Posted by on 11 de Maio de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Lingua Galega, Música, Plástica, Portada, Valores

As pitas baixo a choiva

Agradecidos quedamos á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra polo seu xeneroso xesto de compartir nestes tempos este proxecto. aspitas.gal As pitas baixo a choiva by A banda das pitas Esta é a nota coa que fan entrega á sociedade dos materiais do seu porxecto para o seu uso educativo. Nós facemos acopio deles e abofé que lle imos sacar partido. Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa Asociación se fan cada ano. Neste caso ían...

Ler Máis

Irreductibles con Asterix

Posted by on 3 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Castelá, Portada, Recursos

Irreductibles con Asterix

Na aldea de Astérix, como en todas partes,a consígna é clara: quedádevos na casa para vencer ao virus e protexer aos máis vulnerables! Pero nada impide que os nosos galos favoritos, decididamente irredutibles #ante a tristeza, se divirtan e nos divirtan. Por este motivo, os nosos druídas preparáronvos unha revista inédita co fin de animar os vosos días: Irredutibles con Astérix. Os seus contidos: actividades, xogos e cómics de Astérix para toda a familia! Sen posibilidade de poder quedar cos seus amigos de todo o Mundo Coñecido, que tamén están confinados nas súas respectivas aldeas, Astérix...

Ler Máis

Lendo na fiestra

Posted by on 27 de Abril de 2020 in Enredos, Lingua Castelá, Lingua Galega, Portada, Valores

Lendo na fiestra

Ler para ver claro e, ás veces, cambiar a dirección da mirada Ler permítenos ver, mirar, descubrir, aprender, acariñar, ir, soñar, crer. Por un instante o mundo da fantasía faise realidade no noso maxín, que se libera e debuxa unha e mil imaxes, únicas, nosas, irrepetibles, inesquecibles. Fiestras polas que mirar e ler o mundo: o noso e os outros Nun intre podemos atoparnos noutro mundo, máis aló das estrelas, sermos outra persoa ou un animal da selva, podemos navegar por mares descoñecidos ou xogar nun parque xelado. Vivir outra vida, noutra dimensión, noutro lugar, noutro tempo. Un libro é...

Ler Máis