Radio Garden
Dende sempre a radio acompañou aos nosos maiores nas súas horas de lecer. Nestes tempos de quedar na casa traémosvos un mundo de emisoras para que pasedes o tempo. Desde esta páxina, ou desde un móbil, podedes escoitar as emisoras de radio de todo o mundo. Radio Garden foi deseñada para que os usuarios poideran explorar diferentes culturas a través da música e os sons. Só tedes que movervos polo mapa e elexir a emisora. Pode ser a radio galega ou unha emisora de Madagascar, perú ou a India. As radios do mundo ao teu alcance. imos...
Ler MáisXogos tradicionais para entreterse no confinamento
Ante as horas de corentena, a rede Patrimonio Lúdico Galego está a facer unha escolma de xogos tradicionais que se poden practicar facilmente no interior doméstico, facendo honra á capacidade de adaptación ao medio que os caracteriza. Achegamos algunhas alternativas para que as crianzas pasen estes días, propostas elaboradas con materiais reciclados ou do cotián, que contribúen a fomentar a creatividade, crear comunidade e, especialmente nestas semanas, mellorar as relacións familiares. imos...
Ler MáisAulas Galegas – portal educativo
Aulas galegas é un portal educativo creado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que, ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19, deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade e poñer á disposición do alumnado, das familias e do resto de profesorado recursos e materiais educativos en galego. Imos aló!!
Ler MáisMaxia en casa con Luis Piedrahita
Temos que quedar na casa. Luis Piedrahita apréndonos algúns trucos de maxia que podemos facer con cousas que todos temos na casa. No carrusel de imaxes que tedes abaixo podedes acceder a 8 trucos que marabillarán a todos. Toca divertir á familia!! Luis Piedrahita Costa, nado na Coruña o 19 de febreiro de 1977, é un humorista, mago, guionista e director galego, famoso polas súas aparicións en televisión e radio, especialmente apreciado polos seus monólogos....
Ler MáisCerebriti
Cerebriti é un portal de xogos sobre cultura xeral creados polos propios usuarios. Seguro que atopas ese xogo que buscas. Dá igual o específico ou estraño que sexa. En Cerebriti ademais, poderás competir cos teus amigos para demostrar quen é o que máis sabe. E todo iso mentres mantés as túas neuronas en forma. Cada un de vós ten un nome de usuario e un contrasinal. Abaixo podedes ver os nomes de usuario, pero necesitades o contrasinal. Mandaréivolo a cada un que o pida en un COMENTARIO DESTA TAREFA en Google Classroom...
Ler Máis




