Móvete connosco na casa

Posted by on 21 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Educación Física, Enredos, Portada, Recursos, Valores

Móvete connosco na casa

Trátase do programa posta en marcha pola Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, “Móvete connosco na casa”. A través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñouse unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos. Móvete connosco na casa

Ler Máis

Radio Picariña

Posted by on 17 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Lingua Galega, Música, Portada, Recursos, Xeral

Radio Picariña

Máis de mil cancións en lingua galega dirixidas aos máis pequenos na primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega. Entre os autores dos temas que se inclúen podemos atopar a Fofó, Chuches Amil, Mamá Cabra, Joao Afonso, Alonso Caxade e Sara Vidal. Esta canle dixital da Radio Galega ofrece a posibilidade de seleccionar a música que queiramos escoitar navegando pola listaxe de cancións. Radio Picariña   Clica na imaxe de Radio Picariña e selecciona a icona  para acceder á listaxe de cancións. Podes desprazarte coas frechas e clicar na canción que queiras...

Ler Máis

TypingCLUB

Posted by on 14 de Abril de 2020 in Enredos, Portada, Recursos, Xeral

TypingCLUB

A mecanografía é a capacidade de escribir cos dez dedos sen mirar ao teclado, este é, sen lugar a dúbidas, o xeito máis efectivo de utilizar un teclado. Con TypingClub, podes aprender a escribir ao tacto de forma divertida. Pola nosa parte, creamos unha aula personalizada: “ENREDANDO COAS TECLAS”. Para acceder a ela só tes que poñer o teu nome de usuario, sen contrasinal. O primeiro que verás son varios programas de aprendizaxe: “Volar en solitario”, “Eva y el conejo”, … Podes xogar con eles e practicar todo o que queiras. Nós, desde G-classroom,...

Ler Máis

TeBeOs para unha pandemia

Posted by on 13 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Lingua Castelá, Plástica, Portada, Recursos, Xeral

TeBeOs para unha pandemia

A solidariedade do mundo da cultura coa sociedade é un dos signos característicos destes tempos nos que estamos. Os autores de cómic non se fixeron esperar, e son xa varios os que ofrecen, gratuitamente, publicacións en formato electrónico para axudar a soportar este confinamento . A Asociación cultural Tebeosfera mantén na súa páxina web unha lista actualizada das iniciativas que no mundo da banda deseñada van aparecendo con motivo da crise mundial do coronavirus. Esperamos que atopedes algo que vos guste. Imos...

Ler Máis

#vacacións na casa co CEIP Isaac Díaz Pardo

Posted by on 3 de Abril de 2020 in Enredos, Portada, Recursos, Xeral

#vacacións na casa co CEIP Isaac Díaz Pardo

Estimadas familias e alumnado, nesta situación excepcional que estamos a vivir, debemos adicat tempo ao traballo, non perder as nosas rutinas habituais, pero temén adicar tempo ao descanso e ocio. Conscientes diso, para estas vacacións NON HABERÁ DEBERES. O profesorado do CEIP Isaac Díaz Pardo no afán de colaborar coas familias e alumnado, intentando facer que o tempo nas casas sexa máis levadeiro e proveitoso, fixemos esta selección de contidos para que desfrutedes en familia. Unha aperta moi grande e a desfrutar. #osdoisaacdiazpardoquedamosnacasa · Imos aló...

Ler Máis