Quédate na casa

Posted by on 21 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Portada, Xeral

Quédate na casa

O profesorado e o persoal non docente do colexio quixemos facer este vídeo para animar aos nenos e nenas, para que sigan sendo tan felices coma sempre e porque xa queda menos para á volta á escola. Ánimo!!!

Ler Máis

“Zed”, máis circo por favor!!

Posted by on 19 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Xeral

“Zed”, máis circo por favor!!

O Circo do Sol regresou o pasado 17 de abril cun novo show para todos os seus seguidores e facer máis levadeiro o confinamento pola crise sanitaria do coronavirus. Trátase dun programa dunha hora de duración que inclúe algúns dos números máis especiais de ‘ Zed’, un espectáculo creado en exclusiva para Xapón e inspirado no Tarot e os seus Arcanos. Un gran despregamento de luces, cores e sons dá vida a esta singular obra, que o Circo do Sol define como unha viaxe por dous universos opostos, o ceo e a terra, que viven en harmonía. É un mundo imaxinario polo que viaxa Zed, un...

Ler Máis

“Aves enjauladas” engaiólanos

Posted by on 18 de Abril de 2020 in Enredos, Lingua Castelá, Música, Portada, Valores, Xeral

“Aves enjauladas” engaiólanos

Rozalén compuxo ‘Aves Enjauladas’ co obxectivo de acompañar e axudar. A música está a xogar un papel moi relevante nestes tempos de quedar na casa, a súa compaña faise imprescindible; Rozalen achéganos a súa arte e, ao mesmo tempo, aporta o seu grao de area á causa das iniciativas solidarias, faino cunha canción, ‘Aves Enjauladas’, na que todos os beneficios recadados irán parar á ONG Entreculturas. ‘Aves Enjauladas’ naceu nas primeiras semanas deste confinamento e agora, co seu lanzamento, todo o recadado irá destinado a unha rede de pisos para mulleres e familias en risco de exclusión...

Ler Máis

Radio Picariña

Posted by on 17 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Lingua Galega, Música, Portada, Recursos, Xeral

Radio Picariña

Máis de mil cancións en lingua galega dirixidas aos máis pequenos na primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega. Entre os autores dos temas que se inclúen podemos atopar a Fofó, Chuches Amil, Mamá Cabra, Joao Afonso, Alonso Caxade e Sara Vidal. Esta canle dixital da Radio Galega ofrece a posibilidade de seleccionar a música que queiramos escoitar navegando pola listaxe de cancións. Radio Picariña   Clica na imaxe de Radio Picariña e selecciona a icona  para acceder á listaxe de cancións. Podes desprazarte coas frechas e clicar na canción que queiras...

Ler Máis

TypingCLUB

Posted by on 14 de Abril de 2020 in Enredos, Portada, Recursos, Xeral

TypingCLUB

A mecanografía é a capacidade de escribir cos dez dedos sen mirar ao teclado, este é, sen lugar a dúbidas, o xeito máis efectivo de utilizar un teclado. Con TypingClub, podes aprender a escribir ao tacto de forma divertida. Pola nosa parte, creamos unha aula personalizada: “ENREDANDO COAS TECLAS”. Para acceder a ela só tes que poñer o teu nome de usuario, sen contrasinal. O primeiro que verás son varios programas de aprendizaxe: “Volar en solitario”, “Eva y el conejo”, … Podes xogar con eles e practicar todo o que queiras. Nós, desde G-classroom,...

Ler Máis