Aquelando na casa
Xoel e Roi dannos a coñecer un programa de ciencia en galego, Aquelando. Eles participaron presentando uns experimentos sobre volcáns no capítulo emitido o 25 de marzo. Xoel volve a cunha poción máxica no programa de onte, 31 de marzo. Haberá máis? Aquelando é un programa de televisión de divulgación científica orientado para público de todas as idades. O programa podédolo ver na TVG2 de luns a venres ás 11.50h. Recomendámolo. Cada capítulo vira en torno a un eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que nos levan a un gran experimento final...
Ler MáisO Carnaval dos animais
D esde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns. A continuación presentámos dous magníficos xeitos de achegarse a esta fermosa composición musical. Agardamos que a disfrutes tanto coma nós destas dúas propostas que nos ofrecen arte TV e Kalandraka. arte TV Kalandraka ...
Ler MáisCirco do Sol. Especial
Onte, venres, o “Cirque du Soleil”, tiña algo especial para todos nós. Presentaron un especial #CirqueConnect para puidemos gozar dun asento de primeira fila e disfrutar, como nunca, de momentos impresionantes dos espectáculos KURIOS,”O” e LUZIA, con ángulos nunca antes vistos que só se poden experimentar desde o sofá e cunha pantalla. Unha gozada!!! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes o vídeo que se pode seguir na canle de Youtube do Cirque du...
Ler MáisO león, a bruxa e o armario · As Crónicas de Narnia
O león, a bruxa e o armario As Crónicas de Narnia é unha das propostas de lectura gratuita da editorial planeta nestes tempos de #quedonacasa. A súa descarga é posible ata o vindeiro 31 de marzo. Narnia, a terra onde todo pode suceder Sinopse do león, a bruxa e o armario: Catro nenos que viven nunha casa solitaria descobren un armario que dá acceso a Narnia, un país conxelado nun inverno eterno e sen Nadal. Cumprindo coas vellas profecías, os nenos –xunto co león Aslan- liberarán ao país da tiranía da Bruxa Branca. As Crónicas de Narnia, un clásico da literatura xuvenil que imos ler. ...
Ler MáisRadio Garden
Dende sempre a radio acompañou aos nosos maiores nas súas horas de lecer. Nestes tempos de quedar na casa traémosvos un mundo de emisoras para que pasedes o tempo. Desde esta páxina, ou desde un móbil, podedes escoitar as emisoras de radio de todo o mundo. Radio Garden foi deseñada para que os usuarios poideran explorar diferentes culturas a través da música e os sons. Só tedes que movervos polo mapa e elexir a emisora. Pode ser a radio galega ou unha emisora de Madagascar, perú ou a India. As radios do mundo ao teu alcance. imos...
Ler Máis