Radio Garden
Dende sempre a radio acompañou aos nosos maiores nas súas horas de lecer. Nestes tempos de quedar na casa traémosvos un mundo de emisoras para que pasedes o tempo. Desde esta páxina, ou desde un móbil, podedes escoitar as emisoras de radio de todo o mundo. Radio Garden foi deseñada para que os usuarios poideran explorar diferentes culturas a través da música e os sons. Só tedes que movervos polo mapa e elexir a emisora. Pode ser a radio galega ou unha emisora de Madagascar, perú ou a India. As radios do mundo ao teu alcance. imos...
Ler MáisXogos tradicionais para entreterse no confinamento
Ante as horas de corentena, a rede Patrimonio Lúdico Galego está a facer unha escolma de xogos tradicionais que se poden practicar facilmente no interior doméstico, facendo honra á capacidade de adaptación ao medio que os caracteriza. Achegamos algunhas alternativas para que as crianzas pasen estes días, propostas elaboradas con materiais reciclados ou do cotián, que contribúen a fomentar a creatividade, crear comunidade e, especialmente nestas semanas, mellorar as relacións familiares. imos...
Ler Máis