Xogando coas caricaturas de Carvalho Calero
Siro elaborou unha serie de caricaturas de Carvalho Calero. Nós eleximos algunhas delas para facer este xogo de parellas. Esperamos que vos guste. A colección conta con 24 deseños de estilos diferentes -desde a caricatura con esaxeracións mínimas para salientar a expresión do retratado ata a de esaxeracións máximas, nun xogo artístico e humorístico cos riscos faciais- que percorren a evolución de don Ricardo desde a mocidade ata a madureza. Queres ver a colección...
Ler Máis“Un cabelo de anjo” · Carvalho Calero
Recitado por Diego Rodríguez Guerreiro . Un poema na túa voz . Un cabelo de anjo pendurado do ceo, se non é a espada de Democles é adival para o espírito, ximio equilibrista, que, nel agareado, pode arrandear sobre a terra e crer que é a araña dun fío tirado do seu propio miolo, cordón umbilical que o vencella o seu niño que está no azul. Mais non sabemos qué é o norte, qué é o sul, o cenit e o nadir, a vida e a morte, a terra e o ceo, cál é o metro que leva ao paraíso e qué aeronave nos conduz ao...
Ler MáisBulebule coa lingua
Patricia, a nosa bibliotecaria é un “bulebule” e non para de facernos propostas desde a biblioteca do Cole. Nesta ocasión preparounos un Glog con numerosas propostas e contidos para celebramos esta semana das letras e lembrar a Ricardo Carvalho Calero. Datos, vídeos, retos, xogos, unha morea de cousas coas que homenaxear ao autor de “As pitas baixo a choiva”. ::.. A nosa biblioteca · Bulebule pola biblio ..:: ...
Ler MáisA Fala… esa mai
Arrecende de amor pola lingua este poema de Paco Rivas co que, o autor da Mariña, agasállanos na semana das Letras 2020. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen, estouno facendo agora mesmo e fareino novamente un cento de veces máis, porque non cansarei de escoitalo. O profesor e escritor nado en Cervo, leva anos colaborando en programas de radio onde fixo numerosas lecturas poéticas. Para sabermos máis do autor, Paco Rivas...
Ler MáisAs pitas baixo a choiva
Agradecidos quedamos á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra polo seu xeneroso xesto de compartir nestes tempos este proxecto. aspitas.gal As pitas baixo a choiva by A banda das pitas Esta é a nota coa que fan entrega á sociedade dos materiais do seu porxecto para o seu uso educativo. Nós facemos acopio deles e abofé que lle imos sacar partido. Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa Asociación se fan cada ano. Neste caso ían...
Ler Máis