#Músicaviral no Isaac

Posted by on 18 de Marzo de 2020 in Música

#Músicaviral no Isaac

Lara, a vosa profesora de música, preséntavos o novo espazo de música. #Musica viral no Isaac.  Benquerid@s rapaces! Nestes días de reposo e de illamento nas nosas casas, dende este entorno virtual abrimos unha fiestra á música e a comunicación entre tod@s nós. Aproveitaremos esta xanela para amosar algunhas das tarefas relacionadas coa música para estar a tope de enerxía estes días. Unha aperta musical e agarimosa!! Vémonos pola rede!!! E lembrade, estes días… na casiña!! 👌 A cantar e...

Ler Máis

Portal das palabras

Posted by on 17 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Portada, Recursos, Xeral

Portal das palabras

O Portal das Palabras ten unha navegación dobre. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e, navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados. O Portal contén, tamén, un potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Unha versión similar desta ferramenta pode ser...

Ler Máis

Aula de relixión en Google Classroom

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Relixión Católica

Aula de relixión en Google Classroom

Ana, a vosa profesora de relixión, seguirá utilizando a aula de Google Classroom para propoñervos as tarefas durante o tempo que teñamos que permanecer nas casas.

Ler Máis

Cerebriti

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Enredos, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Portada, Recursos, Valores, Xeral

Cerebriti

Cerebriti é un portal de xogos sobre cultura xeral creados polos propios usuarios. Seguro que atopas ese xogo que buscas. Dá igual o específico ou estraño que sexa. En Cerebriti ademais, poderás competir cos teus amigos para demostrar quen é o que máis sabe. E todo iso mentres mantés as túas neuronas en forma. Cada un de vós ten un nome de usuario e un contrasinal. Abaixo podedes ver os nomes de usuario, pero necesitades o contrasinal. Mandaréivolo a cada un que o pida en un COMENTARIO DESTA TAREFA en Google Classroom...

Ler Máis

Icía quere cambiar o mundo

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Ciencias Sociais, Lingua Galega, Portada

Icía quere cambiar o mundo

Lembrades a visita ao parlamento? Agasalláronnos con este libro. Agora que estamos estudando a organización territorial de España, ímolo ler. O libro é un achegamento á vida e actividade parlamentaria, a través dos ollos duns nenos que comenzan a descubrir a democracia e o seu funcionamiento. Espero que vos guste. Podes obter unha copia en PDF na biblioteca de publicacións electrónicas do Parlamento de Galicia. Autora: Fina Casalderrey Ilustracións: Carmen...

Ler Máis