Bulebule coa lingua

Posted by on 12 de Maio de 2020 in Lingua Galega, Portada, Recursos

Bulebule coa lingua

Patricia, a nosa bibliotecaria é un “bulebule” e non para de facernos propostas desde a biblioteca do Cole. Nesta ocasión preparounos un Glog con numerosas propostas e contidos para celebramos esta semana das letras e lembrar a Ricardo Carvalho Calero. Datos, vídeos, retos, xogos, unha morea de cousas coas que homenaxear ao autor de “As pitas baixo a choiva”. ::.. A nosa biblioteca · Bulebule pola biblio ..::  ...

Ler Máis

A Fala… esa mai

Posted by on 12 de Maio de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Portada, Recursos, Valores

A Fala… esa mai

Arrecende de amor pola lingua este poema de Paco Rivas co que, o autor da Mariña, agasállanos na semana das Letras 2020. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen, estouno facendo agora mesmo e fareino novamente un cento de veces máis, porque non cansarei de escoitalo. O profesor e escritor nado en Cervo, leva anos colaborando en programas de radio  onde fixo numerosas lecturas poéticas. Para sabermos máis do autor, Paco Rivas...

Ler Máis

As pitas baixo a choiva

Posted by on 11 de Maio de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Lingua Galega, Música, Plástica, Portada, Valores

As pitas baixo a choiva

Agradecidos quedamos á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra polo seu xeneroso xesto de compartir nestes tempos este proxecto. aspitas.gal As pitas baixo a choiva by A banda das pitas Esta é a nota coa que fan entrega á sociedade dos materiais do seu porxecto para o seu uso educativo. Nós facemos acopio deles e abofé que lle imos sacar partido. Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa Asociación se fan cada ano. Neste caso ían...

Ler Máis

Ricardo Carvalho Calero · Letras 2020

Posted by on 9 de Maio de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Portada, Xeral

Ricardo Carvalho Calero · Letras 2020

Non permitamos que o virus do esquecemento se apropie da, tan merecida e agardada, homenaxe a Don Ricardo Carvalho Calero. Esta semana adicaremos esforzos a coñecer e recoñecer o seu facer pola lingua, a cultura e a nación galega. aspitas.gal Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Na época universitaria en Santiago entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi un dos fundadores, na asemblea de Pontevedra de 1931,do Partido Galeguista e xunto con Luís Tobío elaborou...

Ler Máis

Andel de literatura en galego no confinamento

Posted by on 29 de Abril de 2020 in Lingua Galega, Portada, Recursos

Andel de literatura en galego no confinamento

Alexandra Cabana Outeiro ofrécenos esta recopilación de recursos online abertos onde poder ler directamente ou descargar literatura en galego. Audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, ou da Biblioteca Virtual Galega e Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, recursos ofrecidos polas editoriais e outras webs que recolle na listaxe, onde podes descargar e ler bastantes obras.  

Ler Máis