bulebule coa poesía

Posted by on 24 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Portada, Recursos, Xeral

bulebule coa poesía

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz» co fin de incentivar a lectura do xénero poético entre a rapazada, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos. Nós sumámonos ao proxecto da nosa biblioteca Bulebule. Nestes tempos en que nos tocou “quedar na casa”, pareceunos boa idea manter a iniciativa e crear este espazo no que compartir as aportacións dos nenos e nenas. Un espazo...

Ler Máis

Misión: Quedarse na casa

Posted by on 24 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Plástica, Portada, Recursos, Xeral

Misión: Quedarse na casa

Misión: Quedarse na casa é un conto – coloreable – para que os nenos entendan a importancia de non saír á rúa durante estes días. Unha marabilla este conto – coloreable – dito e feito por Dalmaus e traducido por Cristina Delgado. na súa web podedes descargalo en diferentes linguas, eu aquí deixovos a versión en galego e, como non, o enlace á súa web....

Ler Máis

Aulas Galegas – portal educativo

Posted by on 23 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Lingua Galega, Portada, Recursos, Valores, Xeral

Aulas Galegas – portal educativo

Aulas galegas é un portal educativo creado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que, ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19, deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade e poñer á disposición do alumnado, das familias e do resto de profesorado recursos e materiais educativos en​ galego. Imos aló!!

Ler Máis

Libros infantís e xuvenís de Galicia 2019

Posted by on 22 de Marzo de 2020 in Lingua Galega, Portada, Recursos, Xeral

Libros infantís e xuvenís de Galicia 2019

Catálogo dos libros infantís e xuvenís de publicados en Galicia no ano 2019. AConsellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), coeditaron esta publicación trilingüe para dar a coñecer na Feira Internacional do Libro de Boloña as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo publicadas durante o pasado...

Ler Máis

En tempos de pandemia no día da poesía

Posted by on 21 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Portada, Recursos, Valores, Xeral

En tempos de pandemia no día da poesía

En tempos de pandemia   E a xente quedou na casa. E leron libros, escoitaron e descansaron, fixeron exercicio, crearon arte, xogaron e aprenderon novas formas de ser e seguían sendo. E escoitaron máis profundamente. Algúns meditaron, outros rezaron, outros bailaron. Algúns coñeceron as súas sombras. E a xente comezou a pensar doutro xeito. E a xente curou. E, a falta de xente que vivira na ignorancia, de forma perigosa, sen ánimo e sen corazón, a terra comezou a curarse. E cando o perigo pasou e a xente se atopouse de novo, choraron as súas perdas, tomaron novas decisións, e soñaron...

Ler Máis