Educación Física … tamén na casa.
Coa finalidade de axudar a manter unha vida activa e saudable, Antonio propón este espazo con ideas para que todos fagamos exercicio NA CASA neste período de confinamento. Imos aló!
Ler MáisAulas Galegas – portal educativo
Aulas galegas é un portal educativo creado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que, ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19, deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade e poñer á disposición do alumnado, das familias e do resto de profesorado recursos e materiais educativos en galego. Imos aló!!
Ler MáisLibros infantís e xuvenís de Galicia 2019
Catálogo dos libros infantís e xuvenís de publicados en Galicia no ano 2019. AConsellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), coeditaron esta publicación trilingüe para dar a coñecer na Feira Internacional do Libro de Boloña as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo publicadas durante o pasado...
Ler MáisEn tempos de pandemia no día da poesía
En tempos de pandemia E a xente quedou na casa. E leron libros, escoitaron e descansaron, fixeron exercicio, crearon arte, xogaron e aprenderon novas formas de ser e seguían sendo. E escoitaron máis profundamente. Algúns meditaron, outros rezaron, outros bailaron. Algúns coñeceron as súas sombras. E a xente comezou a pensar doutro xeito. E a xente curou. E, a falta de xente que vivira na ignorancia, de forma perigosa, sen ánimo e sen corazón, a terra comezou a curarse. E cando o perigo pasou e a xente se atopouse de novo, choraron as súas perdas, tomaron novas decisións, e soñaron...
Ler MáisDía internacional da poesía
O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e darlle ás linguas ameazadas a oportunidade de ser un vehículo de comunicación artística nas súas respectivas comunidades. Ademais, busca promover o ensino da poesía, promover a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar aos pequenos editores, crear unha atractiva imaxe da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma de arte desactualizada, senón un xeito de expresión e de restablecer o diálogo entre a poesía e as outras expresións artísticas, como teatro, danza,...
Ler Máis




