“Un cabelo de anjo” · Carvalho Calero
Recitado por Diego Rodríguez Guerreiro . Un poema na túa voz . Un cabelo de anjo pendurado do ceo, se non é a espada de Democles é adival para o espírito, ximio equilibrista, que, nel agareado, pode arrandear sobre a terra e crer que é a araña dun fío tirado do seu propio miolo, cordón umbilical que o vencella o seu niño que está no azul. Mais non sabemos qué é o norte, qué é o sul, o cenit e o nadir, a vida e a morte, a terra e o ceo, cál é o metro que leva ao paraíso e qué aeronave nos conduz ao...
Ler MáisBulebule coa lingua
Patricia, a nosa bibliotecaria é un “bulebule” e non para de facernos propostas desde a biblioteca do Cole. Nesta ocasión preparounos un Glog con numerosas propostas e contidos para celebramos esta semana das letras e lembrar a Ricardo Carvalho Calero. Datos, vídeos, retos, xogos, unha morea de cousas coas que homenaxear ao autor de “As pitas baixo a choiva”. ::.. A nosa biblioteca · Bulebule pola biblio ..:: ...
Ler MáisA Fala… esa mai
Arrecende de amor pola lingua este poema de Paco Rivas co que, o autor da Mariña, agasállanos na semana das Letras 2020. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen, estouno facendo agora mesmo e fareino novamente un cento de veces máis, porque non cansarei de escoitalo. O profesor e escritor nado en Cervo, leva anos colaborando en programas de radio onde fixo numerosas lecturas poéticas. Para sabermos máis do autor, Paco Rivas...
Ler MáisAs pitas baixo a choiva
Agradecidos quedamos á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra polo seu xeneroso xesto de compartir nestes tempos este proxecto. aspitas.gal As pitas baixo a choiva by A banda das pitas Esta é a nota coa que fan entrega á sociedade dos materiais do seu porxecto para o seu uso educativo. Nós facemos acopio deles e abofé que lle imos sacar partido. Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa Asociación se fan cada ano. Neste caso ían...
Ler MáisRicardo Carvalho Calero · Letras 2020
Non permitamos que o virus do esquecemento se apropie da, tan merecida e agardada, homenaxe a Don Ricardo Carvalho Calero. Esta semana adicaremos esforzos a coñecer e recoñecer o seu facer pola lingua, a cultura e a nación galega. aspitas.gal Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Na época universitaria en Santiago entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi un dos fundadores, na asemblea de Pontevedra de 1931,do Partido Galeguista e xunto con Luís Tobío elaborou...
Ler Máis




