TeBeOs para unha pandemia

Posted by on 13 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Lingua Castelá, Plástica, Portada, Recursos, Xeral

TeBeOs para unha pandemia

A solidariedade do mundo da cultura coa sociedade é un dos signos característicos destes tempos nos que estamos. Os autores de cómic non se fixeron esperar, e son xa varios os que ofrecen, gratuitamente, publicacións en formato electrónico para axudar a soportar este confinamento . A Asociación cultural Tebeosfera mantén na súa páxina web unha lista actualizada das iniciativas que no mundo da banda deseñada van aparecendo con motivo da crise mundial do coronavirus. Esperamos que atopedes algo que vos guste. Imos...

Ler Máis

Alegría, Kooza e KÀ

Posted by on 11 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Xeral

Alegría, Kooza e KÀ

O “Cirque du Soleil” convidounos onte, venres 10 de abril, ao seu terceiro especial, unha vía de escape do día a día a través da diversión e a alegría dos seus espectáculos. A todos os que nos gusta o mundo do circo deixáronnos abraiados con este programa no que puidemos desfrutar dalgúns dos mellores momentos dos espectáculos Alegria, KOOZA e  KÀ! Actualmente o Cirque du Soleil mantén 20 producións ao longo do todo o mundo, polo que esperamos algún novo especial para facernos, coa súa arte, máis levadeiras as próximas semanas de confinamento.❤ Para os que non tivestes a...

Ler Máis

#CirqueConnect

Posted by on 4 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Xeral

#CirqueConnect

Un novo especial do Circo do Sol. Que marabilla!! O venres,3 de abril, o “Cirque du Soleil”sorprendeunos cun novo programa especial #CirqueConnect. Nesta ocasión foi unha hora pertencente ao  seu espectáculo “AmaLuna” Amaluna é unha fusión das palabras ama, que se refire a “nai” en moitos idiomas, e lúa, un símbolo de femineidade que evoca a relación entre nai e filla, e a idea da deusa e protectora do planeta. Amaluna tamén é o nome da misteriosa illa onde se desenvolve a historia.! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes...

Ler Máis

Día Internacional do Libro Infantil 2020

Posted by on 2 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Plástica, Portada, Recursos, Xeral

Día Internacional do Libro Infantil 2020

Como todos os anos o IBBY (International board on books for young people) promove á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A iniciativa prentende promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai e lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. :· Cartel 2020 :· “Fame de palabras” :· Autores :·...

Ler Máis

Arte en papel

Posted by on 1 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Enredos, Plástica, Portada, Recursos, Xeral

Arte en papel

Oorigami é a arte de dobrar o papel, é unha arte milenaria de orixe xaponesa que sen utilizar elementos externos como poden ser as tesoiras ou o pegamento, consegue obter case calquera tipo de figura de papel. Nesta páxina atoparás moitos animais de papel moi fáciles de facer. Están explicados paso a paso en vídeo, para que poidas seguir todas as instrucións dunha forma sinxela. Anímaste a facelos todos? Imos aló...

Ler Máis