bulebule coa poesía
Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz» co fin de incentivar a lectura do xénero poético entre a rapazada, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos. Nós sumámonos ao proxecto da nosa biblioteca Bulebule. Nestes tempos en que nos tocou “quedar na casa”, pareceunos boa idea manter a iniciativa e crear este espazo no que compartir as aportacións dos nenos e nenas. Un espazo...
Ler MáisMisión: Quedarse na casa
Misión: Quedarse na casa é un conto – coloreable – para que os nenos entendan a importancia de non saír á rúa durante estes días. Unha marabilla este conto – coloreable – dito e feito por Dalmaus e traducido por Cristina Delgado. na súa web podedes descargalo en diferentes linguas, eu aquí deixovos a versión en galego e, como non, o enlace á súa web....
Ler MáisCoronavirus no es un príncipe (ni una princesa)
A publicación, aberta e gratuíta para calquera familia nesta ligazón, persegue atopar unha fórmula para explicar aos pequenos a crise sanitariaA historia foi escrita pola xornalista segoviana María Coco con ilustracións da rioxana Sara Ramírez baixo a coordinación da tamén xornalista salmantina María R. CocoComo explicar aos máis pequenos a situación que estamos a vivir? Como poñer en palabras sinxelas un momento tan complexo? Esta foi a pregunta que se fixo a xornalista segoviana María Coco o pasado venres, 13 de marzo, cando se anunciou a declaración do estado de alarma. En casa, xunto aos...
Ler MáisAulas Galegas – portal educativo
Aulas galegas é un portal educativo creado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que, ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19, deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade e poñer á disposición do alumnado, das familias e do resto de profesorado recursos e materiais educativos en galego. Imos aló!!
Ler MáisMaxia en casa con Luis Piedrahita
Temos que quedar na casa. Luis Piedrahita apréndonos algúns trucos de maxia que podemos facer con cousas que todos temos na casa. No carrusel de imaxes que tedes abaixo podedes acceder a 8 trucos que marabillarán a todos. Toca divertir á familia!! Luis Piedrahita Costa, nado na Coruña o 19 de febreiro de 1977, é un humorista, mago, guionista e director galego, famoso polas súas aparicións en televisión e radio, especialmente apreciado polos seus monólogos....
Ler Máis




