Á abordaxe!

Posted by on 1 de Abril de 2020 in Enredos, Portada, Recursos, Xeral

Á abordaxe!

Ahdo barco, mariñeiros! Chega Á abordaxe!, a revista do “Barco de Vapor” de SM, para divertirse lendo. Está dirixida a lectores de 6 a 12 anos e xa conta con tres números. Neles poderemos atopar as noticias máis tolas dos personaxes do Barco de Vapor, divertidísimos pasatempos, test para atopar a nosa lectura ideal, xogos, entrevista con autores de premio… ata un horóscopo literario que nos dirá con que signo do zodíaco temos mellor afinidade lectora. No carrusel de imaxes que tedes abaixo podedes acceder aos 3 números publicados da revista interactiva con trucos e...

Ler Máis

Aquelando na casa

Posted by on 31 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Ciencias da Natureza, Enredos, Portada, Recursos, Xeral

Aquelando na casa

Xoel e Roi dannos a coñecer un programa de ciencia en galego, Aquelando. Eles participaron presentando uns experimentos sobre volcáns no capítulo emitido o 25 de marzo. Xoel volve a cunha poción máxica no programa de onte, 31 de marzo. Haberá máis? Aquelando é un programa de televisión de divulgación científica orientado para público de todas as idades. O programa podédolo ver na TVG2 de luns a venres ás 11.50h. Recomendámolo. Cada capítulo vira en torno a un eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que nos levan a un gran experimento final...

Ler Máis

O Carnaval dos animais

Posted by on 29 de Marzo de 2020 in Enredos, Lingua Galega, Música, Portada, Recursos, Xeral

O Carnaval dos animais

D esde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns. A continuación presentámos dous magníficos xeitos de achegarse a esta fermosa composición musical. Agardamos que a disfrutes tanto coma nós destas dúas propostas que nos ofrecen arte TV e Kalandraka. arte TV Kalandraka        ...

Ler Máis

Circo do Sol. Especial

Posted by on 28 de Marzo de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Recursos, Xeral

Circo do Sol. Especial

Onte, venres, o “Cirque du Soleil”, tiña algo especial para todos nós. Presentaron un especial #CirqueConnect para puidemos gozar dun asento de primeira fila e disfrutar, como nunca, de momentos impresionantes dos espectáculos KURIOS,”O” e LUZIA, con ángulos nunca antes vistos que só se poden experimentar desde o sofá e cunha pantalla. Unha gozada!!! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes o vídeo que se pode seguir na canle de Youtube do Cirque du...

Ler Máis

O león, a bruxa e o armario · As Crónicas de Narnia

Posted by on 27 de Marzo de 2020 in Lingua Castelá, Portada, Recursos, Xeral

O león, a bruxa e o armario · As Crónicas de Narnia

O león, a bruxa e o armario As Crónicas de Narnia é unha das propostas de lectura gratuita da editorial planeta nestes tempos de #quedonacasa. A súa descarga é posible ata o vindeiro 31 de marzo. Narnia, a terra onde todo pode suceder Sinopse do león, a bruxa e o armario: Catro nenos que viven nunha casa solitaria descobren un armario que dá acceso a Narnia, un país conxelado nun inverno eterno e sen Nadal. Cumprindo coas vellas profecías, os nenos –xunto co león Aslan- liberarán ao país da tiranía da Bruxa Branca. As Crónicas de Narnia, un clásico da literatura xuvenil que imos  ler.  ...

Ler Máis