Radio Garden

Posted by on 26 de Marzo de 2020 in Enredos, Música, Portada, Recursos, Xeral

Radio Garden

Dende sempre a radio acompañou aos nosos maiores nas súas horas de lecer. Nestes tempos de quedar na casa traémosvos un mundo de emisoras para que pasedes o tempo. Desde esta páxina, ou desde un móbil,  podedes escoitar as emisoras de radio de todo o mundo. Radio Garden foi deseñada para que os usuarios poideran explorar diferentes culturas a través da música e os sons. Só tedes que movervos polo mapa e elexir a emisora. Pode ser a radio galega ou unha emisora de Madagascar, perú ou a India. As radios do mundo ao teu alcance. imos...

Ler Máis

Xogos tradicionais para entreterse no confinamento

Posted by on 26 de Marzo de 2020 in Enredos, Portada, Xeral

Xogos tradicionais para entreterse no confinamento

Ante as horas de corentena, a rede Patrimonio Lúdico Galego está a facer unha escolma de xogos tradicionais que se poden practicar facilmente no interior doméstico, facendo honra á capacidade de adaptación ao medio que os caracteriza. Achegamos algunhas alternativas para que as crianzas pasen estes días, propostas elaboradas con materiais reciclados ou do cotián, que contribúen a fomentar a creatividade, crear comunidade e, especialmente nestas semanas, mellorar as relacións familiares. imos...

Ler Máis

A mansión dos Pampín

Posted by on 25 de Marzo de 2020 in Ciencias Sociais, Lingua Galega, Portada, Recursos, Xeral

A mansión dos Pampín

Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor. Desenvolvido no marco do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). O Álbum foi traducido ao castelán francés e portugués. “A mansión dos Pampín” Miguelanxo Prado Álbum de banda deseñada Galicia, 2005  ISBN: 84-85665-61-9 Edición: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial en colaboración co COAG. Para sabermos máis Autor: Miguelanxo Prado Plana, nado na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada galego, con obras que van desde a crítica social e...

Ler Máis

bulebule coa poesía

Posted by on 24 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Portada, Recursos, Xeral

bulebule coa poesía

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz» co fin de incentivar a lectura do xénero poético entre a rapazada, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos. Nós sumámonos ao proxecto da nosa biblioteca Bulebule. Nestes tempos en que nos tocou “quedar na casa”, pareceunos boa idea manter a iniciativa e crear este espazo no que compartir as aportacións dos nenos e nenas. Un espazo...

Ler Máis

Misión: Quedarse na casa

Posted by on 24 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Lingua Galega, Plástica, Portada, Recursos, Xeral

Misión: Quedarse na casa

Misión: Quedarse na casa é un conto – coloreable – para que os nenos entendan a importancia de non saír á rúa durante estes días. Unha marabilla este conto – coloreable – dito e feito por Dalmaus e traducido por Cristina Delgado. na súa web podedes descargalo en diferentes linguas, eu aquí deixovos a versión en galego e, como non, o enlace á súa web....

Ler Máis