Clásicos do Circo do Sol
O venres, o “Cirque du Soleil”, presentounos unha homenaxe aos seus “Clásicos”. Por primeira vez, abriron so seus arquivos para ofrecernos tres dos primeiros espectáculos que se presentaron na Gran Carpa: Nouvelle Expérience, Saltimbanco e Cirque Réinventé. Colorido, emotivo e repleto deses elementos tradicionais do circo que tanto apreciamos! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes o vídeo que se pode seguir na canle de Youtube do Cirque du Soleil....
Ler Máis“Zed”, máis circo por favor!!
O Circo do Sol regresou o pasado 17 de abril cun novo show para todos os seus seguidores e facer máis levadeiro o confinamento pola crise sanitaria do coronavirus. Trátase dun programa dunha hora de duración que inclúe algúns dos números máis especiais de ‘ Zed’, un espectáculo creado en exclusiva para Xapón e inspirado no Tarot e os seus Arcanos. Un gran despregamento de luces, cores e sons dá vida a esta singular obra, que o Circo do Sol define como unha viaxe por dous universos opostos, o ceo e a terra, que viven en harmonía. É un mundo imaxinario polo que viaxa Zed, un...
Ler Máis“Aves enjauladas” engaiólanos
Rozalén compuxo ‘Aves Enjauladas’ co obxectivo de acompañar e axudar. A música está a xogar un papel moi relevante nestes tempos de quedar na casa, a súa compaña faise imprescindible; Rozalen achéganos a súa arte e, ao mesmo tempo, aporta o seu grao de area á causa das iniciativas solidarias, faino cunha canción, ‘Aves Enjauladas’, na que todos os beneficios recadados irán parar á ONG Entreculturas. ‘Aves Enjauladas’ naceu nas primeiras semanas deste confinamento e agora, co seu lanzamento, todo o recadado irá destinado a unha rede de pisos para mulleres e familias en risco de exclusión...
Ler MáisAlegría, Kooza e KÀ
O “Cirque du Soleil” convidounos onte, venres 10 de abril, ao seu terceiro especial, unha vía de escape do día a día a través da diversión e a alegría dos seus espectáculos. A todos os que nos gusta o mundo do circo deixáronnos abraiados con este programa no que puidemos desfrutar dalgúns dos mellores momentos dos espectáculos Alegria, KOOZA e KÀ! Actualmente o Cirque du Soleil mantén 20 producións ao longo do todo o mundo, polo que esperamos algún novo especial para facernos, coa súa arte, máis levadeiras as próximas semanas de confinamento.❤ Para os que non tivestes a...
Ler Máis#CirqueConnect
Un novo especial do Circo do Sol. Que marabilla!! O venres,3 de abril, o “Cirque du Soleil”sorprendeunos cun novo programa especial #CirqueConnect. Nesta ocasión foi unha hora pertencente ao seu espectáculo “AmaLuna” Amaluna é unha fusión das palabras ama, que se refire a “nai” en moitos idiomas, e lúa, un símbolo de femineidade que evoca a relación entre nai e filla, e a idea da deusa e protectora do planeta. Amaluna tamén é o nome da misteriosa illa onde se desenvolve a historia.! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes...
Ler Máis